Educación e Cultura

- O Fiadeiro en Rianxo co seu espectáculo de baile e música Esta Noite Hai Unha Fía - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O Fiadeiro en Rianxo co seu espectáculo de baile e música Esta Noite Hai Unha Fía

O Fiadeiro coa VII Edición "Esta Noite Hai Unha Fía". Nas catro esquinas, un espectáculo de baile e música tradicional, achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 4 de decembro ás 21.30 h.

“Esta Noite Hai Unha Fía” é un espectáculo que compila as máis representativas escenas de baile e música tradicional. Empregan para iso unha compañía de arredor de sesenta persoas das que cincuenta están adicadas á consecución das diferentes músicas e danzas. Son artistas ataviados con máis de vinte vestiarios tradicionais diferentes que, coidando ata o mínimo detalle e tras un arduo traballo de investigación e preparación, executan con paixón e arte as danzas e músicas de cada escena. Outras dez, son as encargadas dos tan variados medios técnicos de son, iluminación, audiovisuais e escenografía que definen cada unha das escenas. 

As entradas teñen un custe de 5 €.

Reserva anticipada en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou no 629 585 355 (recollida de reservas ata as 20.30 h do venres 4). Na billeteira do auditorio o propio día do espectáculo entre as 19.00 e as 21.30 horas.