Educación e Cultura

- Obradoiro de iniciación ao gravado. PRAZAS ESGOTADAS. - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Obradoiro de iniciación ao gravado. PRAZAS ESGOTADAS.

PRAZAS ESGOTADAS

En Rianxo vai desenvolverse un obradoiro de iniciación ao gravado os sábados 9, 16, 23 e 30 de outubro de 10.00 a 13.00 horas, enmarcado no proxecto polo centenario de Faustino Rey Romero.

Está destinado para persoas maiores de 16 anos.

É gratuíto pero necesítase unha inscrición previa no correo-e cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​, ata as 12.00 horas do xoves 7 de outubro e/ou ata esgotar prazas.

As técnicas que se van iniciar son as seguintes:

PUNTA SECA:É unha técnica de gravado en suco, contida dentro das chamadas técnicas secas, sen ácido mordente.Sobre unha prancha de metal de zinc, cobre, latón, aceiro, etc, debúxase a man alzada cunha punta de aceiro, creando uns sucos ou tallas. Nestes sucos quedará retida a tinta que se estenderá á man e que logo se estampará sobre un papel mediante a presión dun tórculo ou prensa.As grafías da punta seca presentarán un aspecto aveludado (aterciopelado) sobre o papel.É unha técnica de calcografía.

LINOGRAVADO E XILOGRAFÍA:É unha técnica de gravado en relevo.No caso de que a talla se realice sobre unha matriz de linóleo, estaremos ante un linogravado; se pola contra, a talla se fai sobre unha matriz de madeira, estaremos ante unha xilografía.O gravador baleira o material usando pequenas gubias para conseguir zonas talladas que quedarán en branco. A tinta aplícase cun rodillo no relevo e logo transfírese a un papel por medio de presión manual ou mecánica (tórculo).A xilografía é unha técnica que está vencellada á imprenta dende as súas orixes (mediados do século XV).Estas dúas técnicas de gravado clásico poden considerarse as mais axeitadas para iniciarse nos fundamentos das artes gráficas