Educación e Cultura

- Obradoiro Literario: O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Obradoiro Literario: O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades

Está aberta a inscrición para participar no obradoiro literario O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades, a cargo a escritora Nerea Pallares, que se desenvolverá os vindeiros 9 e 10 de novembro na Biblioteca Pública Municipal Castelao.

O día 16 de novembro, tamén na BPM Castelao e con carácter aberto, a escritora desenvolverá unha lectura e faladoiro arredor dos seus textos, no que explicará as liñas da súa investigación narrativa, formas do discurso, esencias estéticas e creativas contemporáneas, etc.

Ambas as dúas actividades inscríbese no marco de colaboración entre a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, aproveitando a presenza dos escritores participantes no programa de residencias creativas que esta editorial pon en marcha.

Nerea Pallares Vilar (Lugo, 1989) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Pronto experimentou a curiosidade por idear novos mundos a través da pluma. Os premios recibidos, desde o trece anos, no 43 Concurso Nacional de Redacción da Fundación Coca-Cola España, no 17º Concurso de Contos Vila de Pontedeume e en catro edicións do Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo servíronlle de aliciente para continuar unida ao universo creativo.

A súa temperá paixón pola literatura non tardou en fusionarse con outra das súas grandes afeccións: o xornalismo, especialmente o de opinión, do que dan mostra os artigos que publica regularmente na plataforma Galicia Dixital, onde repasa a actualidade desde unha perspectiva moi persoal, e na editorial Tusmann, onde se atreveu a probar coa crítica de arte e espectáculos. Ademais, tivo ocasión de descubrir as reviravoltas da profesión a través do seu traballo como bolseira no diario El Progreso.

En 2011 foi bolseira pola Fundación Antonio Gala para escribir a súa primeira novela, durante un curso completo, en convivencia con outros novos artistas de todas as disciplinas.

Descarga da ficha de inscrición

Inscrición en liña