Educación e Cultura

Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo - Paseo pola vila de Rianxo con Xosé Ricardo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

Paseo pola vila de Rianxo con Xosé Ricardo

Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo

O Roteiro Literario pola vila de Rianxo, que leva como título De catro a catro. Follas de culto dun diario de fracasos, guiado por Xosé Ricardo Losada, forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto deste roteiro será publicado para a súa descarga libre nesta mesma páxina web.

O roteiro terá lugar o sábado 12 de novembro, a partir das 11:30 horas, en Rianxo. O número máximo de participantes é de 25 persoas, que deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico co seu nome e apelidos a oficina@aelg.org antes do 11 de novembro.

Máis información no sitio web da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega