Educación e Cultura

A compañía Amorodio teatro atópase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción A Nai - Preestrea, A Nai a cargo de Amorodio Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

Preestrea, A Nai a cargo de Amorodio Teatro

A compañía Amorodio teatro atópase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción A Nai

A compañía Amorodio Teatro atópase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción A Nai dentro do programa de Residencias escénicas do Concello de Rianxo.
 
A preestrea da obra terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro ás 20.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
Idade recomendada: a partir de 14 anos
Duración aprox. 90 min. 
Entrada de balde ata completar capacidade. Recollida dende unha hora antes na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa.
 
Sinopse:
 
A Nai é unha viaxe no tempo que explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Empregando a memoria como tren, viaxamos entre o pasado das irmás e os nosos presente e futuro, na procura dun modo de ser e actuar que nos permita mellorar o mundo das nosas fillas. 
Unha persoa non morre ata que o seu recordo esmorece no derradeiro corpo que a lembra. Hoxe espallamos o recordo de Lola, Julia e Amparo Touza para manter vivas a esperanza e a loita. Traspasamos a testemuña. Resistimos. Por todas as Loliñas que virán.