Educación e Cultura

O vindeiro sábado 29 de xaneiro, no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación da edición facsimilar do poemario Escolanía de Melros de Faustino Rey Romero. - Presentación da edición facsimilar do poemario Escolanía de Merlos de Faustino Rey Romero - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Presentación da edición facsimilar do poemario Escolanía de Merlos de Faustino Rey Romero

O vindeiro sábado 29 de xaneiro, no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación da edición facsimilar do poemario Escolanía de Melros de Faustino Rey Romero.

O vindeiro sábado 29 de xaneiro, ás 13.00 horas, no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación da edición facsimilar do poemario Escolanía de Melros de Faustino Rey Romero. Esta edición inclúe gravados realizados polos participantes no Obradoiro de iniciación ao gravado, impartido polo gravador e pintor Pepe Míguez e organizado en colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, no marco da conmemoración do centenario do poeta e do cincuenta cabodano do seu pasamento.

Apertura e peche musical a cargo de Carmen Tubío (violoncelo) e Manuel Tubío (guitarra e voz).

Reserva previa de localidades  en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio (a confirmación non é inmediata).

No caso de non cubrirse a capacidade coas reservas, as localidades dispoñibles poderán recollerse na billeteira do auditorio dende media hora do antes evento.