Educación e Cultura

O vindeiro venres 18 de xuño presentarase a novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galan. - Presentación da novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galan - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Presentación da novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galan

O vindeiro venres 18 de xuño presentarase a novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galan.

O vindeiro venres 18 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase a novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galan. Xunto co autor, participarán no acto Carlos de Jesús Cimadevila (profesor e activista sociocultural) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021.
Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente) ou no teléfono 981 100 688, ata o xoves 17 de xuño, ás 12.00 h. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son convivintes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Romanza de los naranjos en flo, de Juan Galan

Romanza de los naranjos en flor ten lugar durante a Guerra Civil Española. É unha combinación dunha novela histórica e unha novela de intriga. Ten unha estrutura complexa, con varias voces narrativas, con saltos no tempo adiante e atrás, e inclúe, ademais da narración e os diálogos, entradas nun caderno como diario, cartas, reportaxes e noticias xornalísticas.

Conta a historia de dous personaxes, Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo dun republicano nado en Ferrol, e Miguel Artimes Llana, violinista de Oviedo afiliado ao C.N.T. Ambas vidas transcorren en paralelo, sen que exista ningunha ligazón entre elas, ata que, nun momento determinado da trama, acaban xuntándose no campo de concentración do mosteiro de Oia (Pontevedra): Alfonso, como inspector do ICCP (Inspección dos campos de concentración de prisioneiros) e Miguel, como preso.

A obra é o testemuño dunha traxedia colectiva en España que sufriu a sublevación militar do 36, a guerra e a represión. Ademais de describir a dureza das condicións do cárcere, na novela tamén hai espazo para o amor, a música, a solidariedade, o humor e a amizade entre persoas de bandos opostos.

Páxina de facebook da novela