Educación e Cultura

- Presentación, O rosario e a buguina de Xosé Ricardo Losada - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Presentación, O rosario e a buguina de Xosé Ricardo Losada

O sábado 16 de outubro, ás 13.00 horas, terá lugar no teatro do Auditorio de Rianxo a presentación da novela de X. Ricardo Losada O rosario e a buguina, gañadora do premio Torrente Ballester 2020 da Deputación da Coruña.

No acto contarase coa presenza de Xosé Manuel Lobato (escritor), Malores Villanueva (editora), Antón Riveiro Coello (escritor e vogal de Barbantia), Xurxo Couto (deputado de cultura da Deputación da Coruña), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e o propio autor.

A entrada só con reserva previa en concelloderianxo.gal/reservas ata as 14.00 horas do xoves 14 de outubro. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio (a confirmación non é inmediata).