Educación e Cultura

O vindeiro venres 10 de setembro proxectase o documental Cesteiros de Mondariz na Sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo. - Proxección do documental Cesteiros de Mondariz - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Proxección do documental Cesteiros de Mondariz

O vindeiro venres 10 de setembro proxectase o documental Cesteiros de Mondariz na Sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo.

O vindeiro venres 10 de setembro, ás 20.00 h, proxectase o documental Cesteiros de Mondariz na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O documental foi dirixido por Fon Cortizo, e está producido polo Concello de Mondariz, polo programa autonómico O Teu Xacobeo e pola compañía EscénaTe. Chega a Rianxo dentro da xira de presentación de documental nos Roteiros Xacobeos.

Só con reserva de localidades no enderezo web  concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as 12.00 h do mércores 08 de setembro. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Cesteiros de Mondariz

Enmarcado nun proxecto de recuperación do oficio tradicional de cesteiro en Mondariz, esta peza está producida por la compañía EscénaTe e conta con recoñecidos cineastas galegos no seu equipo artístico, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo.

A historia do último mestre cesteiro de Mondariz, Enrique Táboas, serve de fío condutor para tecer narrativamente a memoria colectiva do oficio e os aspectos culturais que o rodeaban, como o verbo dos cesteiros da localidade e a íntima relación coa natureza.

 

​​​​​​