Educación e Cultura

- SLAMMM: 4 de xuño Bar Castelao en Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

SLAMMM: 4 de xuño Bar Castelao en Rianxo

Un ano máis, a poesía inundará os bares de Rianxo grazas ao Slam!!!

E este ano, non hai escusa posible para non participar, porque se non sabes moi ben o que é o slam... podes apuntarte ao obradoiro de impartido por Silvia Penas, que ademáis recitará o 1 de maio, xa que da voz a Cinta Adhesiva. Desta vez, a organización corre por parte do grupo habitual de salmeiras rianxeiras, capitaneado por Esther F. Carrodeguas, e contará coa colaboración da Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalizacion  do Concello de Rianxo.


Serán tres as xornadas de torneo slam, entre maio e xuño, as que terán lugar, sendo a última data a Gran Final. A temática será libre, pero como sempre débense recitar poemas propios, cunha duración dun máximo de 3 minutos, sen usar disfraces nin elementos escénicos. Por suposto: o xurado será o público presente nos diferentes bares. De todas as persoas participantes, tres pasarán a unha segunda rolda, da que sairá a persoa vencedora da xornada. Na Gran Final, bateranse as persoas finalistas das tres xornadas. Os poetas gañadores de cada xornada recibirán un obsequio dos propios locais colaboradores e haberá unha sorpresa final para a persoa gañadora.
As persoas interesadas en participar pódense apuntar no enderezo: torneo.slammm@gmail.com.

Pero este ano, ademáis do torneo, o programa Slammm complétase con algunhas novidades:
- Un obradoiro gratuíto de slam (escritura e recitado de poemas) a cargo de Silvia Penas, para o cal está aberto o prazo de inscrición no enderezo: torneo.slammm@gmail.com
- Concerto poético de CintaAdhesiva, que será o pistoletazo de saída de todo o programa, o vindeiro domingo 1 de maio
- A maiores, todos aqueles que se acheguen aos bares para o slam, poderán desfrutar de tapas poéticas polo prezo de 2 euros: é por isto que decidimos chamarlle ao Slam de este ano: Slammm

O programa completo, comprende:
Domingo 1 maio: Obradoiro con Silvia Penas, de 16 a 20h + concerto CintaAdesiva ás 21h. No cuartel Vello
Sábado 7 maio: Bar A Lareira (Asados). Slammmm, ás 22:30.
Domingo 29 maio: Obradoiro con Silvia Penas, de 16 a 20h. No cuartel Vello
Sábado 4 xuño: Bar Castelao (Rianxo): Slammmm, ás  22:30
Domingo 2 xuño: Obradoiro con Silvia Penas, de 16 a 20h. No cuartel Vello
Sábado 18 xuño: Bar A Lareira (O Pazo): Final Slammmm, ás 22:30