Educación e Cultura

- Suspensión das actividades organizadas polo Concello de RIanxo para o Martes de Entroido no exterior - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Suspensión das actividades organizadas polo Concello de RIanxo para o Martes de Entroido no exterior

Ante as previsións do tempo para mañá Martes de Entroido, nas que se anuncia unha tarde fría e con risco de chuvia, e habida conta de que as actividades programadas por este Concello para celebrar o Entroido están centradas, na súa maior parte, para desenvolver ao aire libre o día mencionado, procédese a trasladar o programa de actos de mañán martes e pasado mércores (inclúese o enterro do inestimable e sempre ben querido Toribiño, pois non vai ser chorado antes de celebrar o Entroido) para a tarde do vindeiro domingo día 17, cos mesmos horarios, na que -coa salvedade dos días que quedan por diante- as previsión climáticas parecen algo máis afortunadas.

Agardamos que o espírito entroidiano siga teso e forte ata o mencionado día

Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística
CONCELLO DE RIANXO