Educación e Cultura

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2021 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. - Suspensión dos Actos Castelao 2021 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Suspensión dos Actos Castelao 2021

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2021 en homenaxe ao ilustre rianxeiro.

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2021 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende concertos, presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro e principios de febreiro.

Actos Castelao 2021

SÁBADO 23/01, 19.00

Ailá en concerto. Presentando o traballo ELO. Un camiño de músicas (Rede Cultural da Deputación da Coruña)

VENRES 29/01, 19.00

Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, ademais do autor. Presentación do suplemento nº 161 de A Voz de de Barbantia. Intervención plástica a cargo de Xosé Luis Veiras Manteiga . Apertura e peche musical a cargo de Miriam Pardal Figueiro (trompa) e Félix Iago Rodríguez Ramos (bombardino), da Escola e Música de Rianxo.

Organizan: A. C. Barbantia e Concello de Rianxo

SÁBADO 30/01

12.00 - Ofrenda floral con intervención de autoridades e alumnado do I.E.S. Félix Muriel (no busto de Castelao, Paseo da Ribeira).

19.00, 2naFronteira en concerto. Presentando o traballo Arredor de Nós (Rede Cultural da Deputación da Coruña).

VENRES 5/02, 19.00

Presentación da novela de investigación Un señor elegante de Suso de Toro, coa participación de Xosé Luis Axeitos (escritor e académico da RAG) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

SÁBADO 6/02, 12.00

Presentación de Castelao. Construtor da nación. Tomo II, 1931-1939 de Miguel Anxo Seixas, a cargo do académico da RAG e profesor Francisco Fernández Rei, coa participación de Francisco Castro (director de Galaxia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo)

EXPOSICIÓNS

Do 29/12 ao 18/1, XVI Certame Díaz Pardo de artes plásticas (Deputación da Coruña)

Do 22/1 ao 6/2, exposición de gravados: Luís Seoane: homenaxe á torre de Hércules (Fondos do Museo do Gravado e a Estampa Dixital do concello de Ribeira)

Debido ás medidas preventivas contra o COVID-19, é obrigatoria a reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal, indicando no corpo do correo e de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono e, de ser o caso, quen son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio. Consultar prazos na publicidade específica de cada actividade na web do concello.