Educación e Cultura

- TARTUFO, do Centro Dramático Galego o 18 de novembro en Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TARTUFO, do Centro Dramático Galego o 18 de novembro en Rianxo

A nova produción do Centro Dramático Galego CDG - Salón Teatro, TARTUFO de Molière estará no Auditorio do Concello de Rianxo o vindeiro venres 18 de novembro, ás 20.30 horas.

Está recomendada para maiores de 14 anos.
Entrada 5 €, apertura da billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.

O director valenciano Carles Alfaro Carles Alfaro Hofman púxose á fronte dun equipo galego para levar ás táboas esta versión da famosa comedia de Molière, primeira produción propia da compañía pública de Galicia para a temporada teatral 2016-2017. O elenco, por exemplo, componse de nomes xa indiscutibles da nosa escena xunto a novos valores que están a iniciar a súa traxectoria nos escenarios: Casilda Alfaro, César Cambeiro Quintela, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero Martinez, Alejandro Saá e Patricia Torres.

Carles Alfaro contou, ademais, con Baltasar Patiño no deseño da escenografía, Diego Valeiras no do vestiario, Anxo Graña na composición musical, Trini Fsilva na caracterización, Loli Ramos na tradución, Roi Vidal Ponte no asesoramento lingüístico e Vanesa Sotelo na asistencia de dirección.

Programa de man