Educación e Cultura

- TEATRO: Dura Lex a cargo de Volta e Dálle Teatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: Dura Lex a cargo de Volta e Dálle Teatro

A compañía Volta e Dálle Teatro, achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción Dura Lex. A función terá lugar o vindeiro venres 30 de setembro ás 20.30 horas.

Está recomendada para maiores de 12 anos.

A entrada é de balde (ata completar aforo) e pode adquirse unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)

SINOPSE

O xuíz Salomón da Silva, natural de Nacente, aldea perdida no Souto da Retorta, convoca un acto promocional para presentar un invento revolucionario, a DURA LEX PRO 1.0, a máquina de facer xustiza. Víctima dunha conspiración urdida nas intrincadas canalizacións do poder xudicial, o xuíz Salomón da Silva quere redimirse dando a coñecer o froito de máis de vinte anos de traballo e investigación.

Entre as variadas prestacións do invento destaca a súa axilidade no procesamento de condutas delictivas, a súa economía de medios facilitada pola supresión de fiscais, avogados, procuradores e outros roles xurídicos, e a súa irreprochable imparcialidade mecánica. Ante a urxencia de reformas e recortes no eido xudicial, sancionada pola crise e a política gubernamental, o noso xuíz ofrece á sociedade a solución perfecta a todas as imperfeccións do sistema xudicial.