Educación e Cultura

- TEATRO: Fillos do sol por Contraproducións - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: Fillos do sol por Contraproducións

Fillos do Sol, peza teatral escrita e dirixida por Cándido Pazó, achégase á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 26 de outubro ás 21.00 horas.

Recomendada para todos os públicos. Duración 75 minutos.

A entrada ten un custe de 6 €. Pode adquirirse o mesmo día da función dende as 20.00 horas na billeteira do auditorio ou facer a reserva no correo electrónico contra.compostela@gmail.com

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e unha moza criada da pensión na que está albergado.

Unha coprodución do FIOT de Carballo e Contraproducións, baixo o auspicio da Fundación Eduardo Pondal, para celebrar o 100 aniversario da morte do bardo bergantiñán.