Educación e Cultura

- Teatro infantil, Ris Ras a cargo de Baobab Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro infantil, Ris Ras a cargo de Baobab Teatro

Enmarcado nas propostas de Rede Cultural da Deputación da Coruña a compañía Baobab Teatro achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 01 de outubro, ás 18.00 horas, co seu espectáculo Ris Ras.

​​​​​​​Está destinado a un público familiar con crianzas de 1 a 8 anos.

Duración: 45 minutos

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

É un espectáculo que nos fará viaxar a través da música, xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catarina e Lourenzo (A lúa e o Sol)