Educación e Cultura

- Teatro, Os nenos da varíola de Pérez & Fernández - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Os nenos da varíola de Pérez & Fernández

O vindeiro venres 09 de decembro, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Os nenos da varíola a cargo de Pérez & Fernández.

Está recomendada para un público maior de 8 anos.

A entrada é de balde ata completar capacidade, poden retirarse dende unha hora antes na billeteira do auditorio.

A proposta forma parte da II edición do  Circuíto de Igualdade da Deputación da Coruña.

"Os nenos da varíola" é un proxecto escénico de divulgación científica, memoria histórica e de posta en valor dunha muller pioneira esquecida pola historia: Isabel Zendal. Nace nunha familia pobre de solemnidade, nunha aldea do concello de Ordes. Emigra á Coruña onde, sendo nai solteira, traballará de reitora na Casa de Expósitos. En novembro de 1803, como parte do equipo médico da Real Expedición Filantrópica da Vacina, emprende unha viaxe transoceánica de catro anos, que lle dará o creto de ser a primeira enfermeira da historia en misión internacional de saúde pública. Coidaba do único elo imprescindible da "REFV": os expósitos que, de brazo a brazo, levaron a América e Asia a primeira vacina coñecida —a da varíola—. Unha vida extraordinaria, dende unha orixe moi marxinal, ata os máis altos cumes do esquecemento.

Máis información sitio web Os nenos da varíola