Educación e Cultura

O festival Titiriberia celebrarase en Rianxo do 20 ao 24 de xullo. - Titiriberia: Festival de títeres tradicionais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Titiriberia: Festival de títeres tradicionais

O festival Titiriberia celebrarase en Rianxo do 20 ao 24 de xullo.

O festival Titiriberia: Festival de títeres tradicionais celebrarase en Rianxo do 20 ao 24 de xullo. Esta nova edición do festival, co lema Cachaporras de pau de laranxo, celebrase no verán e haberá actividades nas 6 parroquias do Concello. Ademais de acoller as propostas que de seguido se detallan e que precisan de reserva previa, desenvolveranse tamén outros espectáculos  e obradoiros dirixidos á rapazada  que está a participar no Campamento de Verán.

Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas

ESPECTÁCULOS ACTIVIDADES CON RESERVA PREVIA

  • ​​​​​​​MARTES 20 – 21:00 h – “DONA BARRIGA VERDE” a cargo de LARRAITZ PROD ART - Pista do Centro Cultural de Leiro ( se chove auditorio) +5 anos
  • MÉRCORES 21 – 12:00 h – “SIDULFO E O DIAÑO a cargo de TRÉCOLA - Parque do Souto - Isorna (se chove Casa da República) - Público familiar
  • MÉRCORES 21 – 21:00 h – “VARIETÉS DO ANIMALARIO” a cargo de PAPORRUBIO - Pista do Centro Social de A Capela – O Araño (se chove interior) + 3 anos
  • XOVES 22 – 20:00 h – Mesa Redonda Títeres e medios. Unha relación inexistentecon Comba Campoi - Pazo de Rianxiño - público adulto
  • VENRES 23 – 12:00 h – “VACACIÓNS NO MAR a cargo de MIRCROMINA - Parque da Sta. Lucía – Asados (se chove Centro Social Atalaia)- Público familiar
  • VENRES 23 – 20:30 h – “MALDITA MÁSCARA a cargo de INDIGNATI (estrea) - Pazo de Rianxiño - Todos os públicos
  • VENRES 23 – 23:00 h – "As Varietés do Barriga Verde" a cargo de varios artistas. Presenta Iria Pinheiro -  Exterior do CEIP Castelao (se chove auditorio) - Público adulto
  • SÁBADO 24 – 12:00 h – “RETROCUENTOS a cargo de LA FÁBRICA FANTÁSTICA - Auditorio - + 4 anos
  • SÁBADO 24 – 21:00 h – “FEIRA DAS SEMENTES a cargo de BABALUVA (estrea) - Pazo de Rianxiño (se chove Auditorio) +2 anos

Toda a información do Festival Titiriberia aquí!