Educación e Cultura

- Tríptico teatral, Soga e cinsa a cargo de Aporía Escénica - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Tríptico teatral, Soga e cinsa a cargo de Aporía Escénica

O venres 1 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a representación do tríptico teatral para 11 bruxas en 101 minutos Soga e Cinsa a cargo da compañía Aporía Escénica.

Está recomendada para un público maior de 13 anos. Duración 101 minutos.

As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no enderezo concelloderianxo.gal/reservas ata as 14.00 horas do mércores 29 de setembro. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101min, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. Asistimos a unha peregrinaxe de sombras que procuran as luces da xustiza e do recoñecemento de máis de 60.000 vítimas condenadas á fogueira e a forca por crimes que non cometeron, o 85% delas mulleres. Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.

Máis información