Educación e Cultura

- XANEIRO 2017, Actos Castelao - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

XANEIRO 2017, Actos Castelao

Actos Castelao 2017

PROGRAMACIÓN:

VENRES 13 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio

Presentación de Soño e vértice de Eva Veiga (premio de poesía Concello de Carral na súa XVII edición), con Armando Requeixo (crítico literario e ensaísta), Xoán Pastor Rodríguez (coordinador de A.C. Barbantia), Raquel García Abuín (concelleira de Cultura de Rianxo) e a propia autora.

VENRES 20 DE XANEIRO,  10.00 e 12.00 h, Auditorio

Os vellos non deben de namorarse, por Fantoches Baj (funcións para escolares).

VENRES 20 DE XANEIRO,  20.30  h, Auditorio

A xeración de Castelao no Barbanza (charla-coloquio), a cargo de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (filólogo, investigadore ensaísta), presentado por Helena Villar Janeiro (poeta) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo)

SÁBADO 21 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio

Música de cámara. Cuarteto de Biselas

VENRES 27 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio

Presentación da Voz de Barbantia e da novela Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo, con Xerardo
Agrafoxo
(historiador e escritor), Antón Riveiro Coello (escritor), Francisco Castro (editor e escritor) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Intervención plástica a cargo do artesán Roberto Figueira.
Apertura e peche musical a cargo de Antón Alcalde.

SÁBADO 28 DE XANEIRO,  12.30 h, Paseo da Ribeira (no busto de Castelao)

Ofrenda floral e intervención de autoridades.