Educación e Cultura - concelloderianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
sábados: 10.00 - 14.00
Educación e Cultura
X SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "A liberdade nunca perdeu ningunha loita! (R. Cabanillas)" organizado pola Nova Escola Galega, Instituto Galego de Historia e o IES Félix Muriel de Rianxo. Datas de celebración: 4, 5 e 6 de outubro de 2019. Lugares de celebración: Rianxo, A Fonsagrada e Grandas de Salime. Programa do X seminario Folleto do X seminario Sitio web...
O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o proxecto de democratización do coñecemento, CAMIÑOS DE COÑECEMENTO xunto coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa conta cun total de 8 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Está destinado para maiores de 50 anos. Máis información e inscricións no correo electrónico...
Do 25 ao 28 de setembro terá lugar no Auditorio de Rianxo Amal en ruta, o ciclo de cine euroárabe organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Rianxo O ciclo Amal en ruta é unha versión resumida da Semana de Cine Euroárabe Amal 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela. Este ciclo supón un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade....
Viladomar - máis alá dos muros, laboratorio de arte pública para a vila de Rianxo, organizado pola Asociación Ondiñas Mainas de Rianxo. Do 6 ao 13 de setembro, en diversos espazos de Rianxo, Isorna e Araño, cos artistas Mutante Creativo de Ordes, Batalla de Rianxo, Cestola na Cachola de Almería, Doa de Sober e Nana de Ordes.
Coa colaboración dos catro concellos da Arousa Norte e da Deputación da Coruña, a Asociación Alberto Romero volve ofrecer un ano máis os cursos de formación básica de como realizar unha curtametraxe. Están programados para os meses de outubro e novembro nos catro concellos da Arousa Norte (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) e son gratuítos. Os cursos terán...
AVISO: a conferencia e o obradoiro de María Ovelar realizarase no Cuartel Vello de Rianxo, que se atopa na Praza de Castelao en Rianxo. No mes de agosto comezan as residencias de escritoras/es e pensadoras/es organizadas por Axóuxere Editora, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo e que se desenvolverán entre o devandito mes e mediados de decembro. As persoas...
Trasládase ao auditorio de Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade, máximo 2 por persoa, dispoñibles desde unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio. O venres 9 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar na Praza de Rafael Dieste, un concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, enmarcado do XV Ciclo de Bandas de Música organizado pola Escola de Música de Rianxo...
Creactivity da Obra Social "laCaixa" fai parada en Rianxo, na Praza de Castelao, o luns 19 e o martes 20 de agosto. Os obradoiros e as visitas poden realizarse no horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. É un espazo-obradoiro para nenos e nenas a partir de 7 anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a...
A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo. O espectáculo terá lugar o mércores 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo, organiza a XII Exposición de Selos e Moedas, será do 25 ao 27 de xullo nos baixos do Cuartel Vello da Praza de Castelao. A inauguración vai realizarse o xoves 25 de xullo ás 12.00 horas. A exposición pode visitarse no seguinte horario: 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.
Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...
O venres 19 de xullo, ás 12.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía de teatro A Tropa do Trapo achégase co seu novo espectáculo de contos 4 monos. O espectáculo combina a narración oral, a música ao vivo e o teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta...
O venres 19 de xullo terá lugar o segundo concerto do XV Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Nesta ocasión a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira achégase a Rianxo e ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste ás 21.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo.
O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba. Roi Casal traballou...
Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...
Sés achégase coa súa banda á Praza Castelao de Rianxo para ofrecernos un concerto enmarcado no programa Música na noite no Verán Cultural 2019 que está a organizar o Concello de Rianxo. A actuación realizarase no marco das Festas da Virxe do Carme 2019, o luns 15 de xullo ás 22.30 horas. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Máis información no sitio web...