Deportes

- Actividades Deportivas Verán 2012 - concelloderianxo

Actualidade

Actividades Deportivas Verán 2012

O Servizo de Deportes presenta a oferta de actividades deportivas para a tempada de Verán 2012, que inclúe a programación propia do  Servizo, as actividades deportivas dos clubs cos que colabora o Concello  e as propostas feitas desde a Piscina Municipal.

A programación inclúe propostas para todas idades, desde os mais pequenos ata a 3ª idade, e ten presenza en todas as parroquias do concello, co obxecto de achegar o deporte a todos/as, en especial a aqueles que mais dificultades teñen de mobilidade (neno/as e 3ª idade).

Avanzanse as mais destacadadas, podendo consultarse a oferta na sección de actividades desta páxina e nos trípticos informativos.

 

 

Campamento Urbano e Deportivo

Organizado en colaboración co Departamento de Mocidade vai destinado a nenos/as nados entre o 2005 e o 2008, combina actividade deportiva con obradoiros socioeducativos.

Tamén hai unha proposta de Campus de Verán na Piscina Municipal, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos e que inclúe Obradoiros deportivos e educativos, natación, psicomotricidade e xogos tradicionais.

Actividades Clubs Deportivos

Durante o verán destaca sobre todo a oferta das actividades náuticas (Club Piragüismo, Club de Remo e Club Náutico – Vela lixeira - ), ademais do Xadrez e o Voleibol.

Deporte para todos

As andainas estanse convertendo nun clásico da programación de verán, sobre todo o nocturno que reúne a moitos afeccionados. Tamén haberá xornadas de deportes tradicionais, volei-praia...

Eventos deportivos

Os mais destacados serán a IX Bandeira de Traiñeiras  Concello de Rianxo (14 de xullo) e o Campionato Galego de Xadrez Activo (1 de setembro).