Deportes

- Andaina Nocturna - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Andaina Nocturna

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro 31de xullo unha nova edición da andaina nocturna. O punto de encontro será na Praza de Castelao ás 22:30 e percorreremos distintos camiños do concello nunha ruta de dificultade media.


Actualización 28-07-2015
 

 

Roteiro circular Praza de Castelao – Praia de Tanxil – Praia das Cunchas – Aldea Vella (Abuín) – Leiro – Somoza – Campo de Fútbol de Vilas – A Laxe – Paseo Marítimo – Praza de Castelao

Actividade dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto).

O punto de encontro estará situado na Praza de Castelao, ás 22:30 h., sendo as 22:45 h. o horario previsto para o inicio da actividade.

A andaina partirá da Praza Castelao e discorrerá cara as praias de Tanxil, as Cunchas, camiños de Leiro, Asados e Taragoña, rematando na Praza de Castelao despois de percorrer aproximadamente 16 kilómetros de nivel medio/baixo.

A inscrición será gratuíta e poderá formalizarse nos pavillóns polideportivos e no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.gal).

Visualizar en mapa

Descargar ruta en formato KLM

 

Mais información e inscricións no Servizo de Deportes (981.86.63.81) e no Pavillón de Rianxo (981.86.61.10).