Deportes

- Andaina - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Andaina

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro sábado 28 de marzo unha Andaina circular que discorre polo término municipal de Rianxo, percorrendo as parroquias de Rianxo, Asados, Araño e Taragoña.

A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores a partires dos 12 anos (de 12 a 14 anos é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto).

A andaina partirá da praza Castelao as 8:30 h. para completar un percorrido circular de aproximadamente 19 km. de nivel medio/baixo.

A inscrición será gratuíta e poderá formalizarse nos pavillóns polideportivos e no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.gal).

Mais información e inscricións no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo (981.86.63.81).