Deportes

- Andainas no mes de maio - concelloderianxo

Actualidade

Andainas no mes de maio

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para este mes de maio dúas andainas:

RUTA DO SARELA (Santiago)

O vindeiro sábado 12 de maio, unha saída a pé na que se percorrerá o curso de río Sarela, desde o Romaño ata Vidán. A actividade vai dirixida ós maiores de 50 anos, e terán prioridade aqueles que participen nas actividades deportivas municipais.

O nivel de dificultade é baixo e o percorrido é de aproximadamente 6 quilómetros. Ó longo do curso do río Sarela atoparemos lavadoiros, muíños, pontes singulares e varios curtidoiros. Os ameneiros, salgueiros, loureiros e sabugueiros propios do bosque de ribeira, acompañarannos todo o percorrido.

RUTA DAS PONTES DO LÉREZ (Forcarei)

O 26 de maio, dirixida a adultos (maiores de 16 anos e menores acompañados). Esta fermosa ruta discorre paralela ao río Lérez e ten como puntos principais de interese o Mosteiro de Aciveiro, muíños, batáns...

O nivel de dificultade é medio e o percorrido é de aproximadamente 14 quilómetros.

 

A Ruta do Sarela resulta da combinación destas dúas rutas:

Información sobre a Ruta "As Pontes do Lérez"

Folleto informativo