Deportes

- Bateis: Cto. Territorial Norte - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Bateis: Cto. Territorial Norte

O 16 e 17 de abril celebrarase en Rianxo o Campionato Territorial Norte de Bateis, organizado polo Club de Remo Rianxo.

Participan 10 clubs en cada categoría, clasificados na regata previa celebrada en Esteiro. O sábado desde as 16:30 h. disputaranse as clasificatorias para as finais do domingo. Serán dúas quendas por categoría, nas que pasarán á final os dous primeiros e o mellor terceiro.

As probas do domingo celebraranse a partir das 12 h. e e os clubs competiran polas 4 prazas por categoría que dan acceso ao Campionato Galego de Bateis.