Deportes

- Bolsas para deportistas da provincia para o ano 2012 - concelloderianxo

Actualidade

Bolsas para deportistas da provincia para o ano 2012

A Deputación da Coruña ven de convocar as bolsas para deportistas da provincia, con dez axudas dotadas con 2.000 euros cada unha para os interesados con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos e outras dez bolsas de 3.000 euros para os aspirantes de entre 18 e 24 anos. As disciplinas ás que se dediquen deben pertencer a deportes incluídos no programa oficial dos últimos Xogos Olímpicos.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2012.