Deportes

- Campamentos Deportivos Deputación da Coruña - concelloderianxo

Actualidade

Campamentos Deportivos Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña organiza unha nova edición dos Campamentos Deportivos, nos que nenos e nenas de toda a provincia disfrutarán dun amplo programa de actividades coma deportes náuticos, equitación, multiaventura, kayak, paseos en barco, tenis, voleibol, capoeira..., ademais de actividades culturais, veladas nocturnas...

A Rianxo fóronlle adxudicadas 6 prazas (Grupo A) na primeira quenda, que se desenvolverá do 28 de xuño ao 4 de xullo. O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 29 de maio ás 14 h.  e no caso de haber mais solicitudes que prazas, farase un sorteo público.

A actividade vai dirixida a nenos/as nados nos anos 2005, 2004, 2003, 2002 e 2001 (Grupo A)

Asimesmo, os nenos/as nados nos anos 2000, 1999 e 1998 (Grupo B) poderán inscribirse no mesmo plazo, adxudicándose as prazas mediante un sorteo que se celebrará na Deputación. A quenda na que irá este grupo de idade e a cuarta, do 19 ó 25 de xullo. O prazo de inscrición será ata o venres 29 de maio.

Inscricións e información no Servizo de Deportes (981 86 63 81):