Deportes

- Campamentos Deportivos: Resultados do sorteo público das prazas - concelloderianxo

Actualidade

Campamentos Deportivos: Resultados do sorteo público das prazas

Con data 1 de xuño rematou o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa Campamentos Deportivos, recolléndose un total de 13 inscricións.

A Deputación da Coruña asignou 10 prazas ao Concello de Rianxo, polo que é necesario realizar un sorteo público para a súa adxudicación. Dito sorteo terá lugar o día 6 de xuño, mércores, ás 13 h., no Salón de Plenos do Concello, diante da Secretaria Municipal.

Listaxe de inscricións para participar nos Campamentos Deportivos

 

Celebrado o sorteo procédese a publicar a acta do mesmo:

 

Acta do sorteo celebrado o 6 de xuño