Deportes

- Club Baloncesto Rianxo 2016/17 - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Club Baloncesto Rianxo 2016/17

O Club Baloncesto Rianxo xa está a preparar a vindeira tempada.

A primeira actividade é unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS coa que pretenden dar a coñecer o club aos nen@s nados entreo 2001 e o 2009. Será o luns, 29 de agosto, de 19 a 20:30 h. no Pavillón Polideportivo Municipal de Rianxo. Pode participar calquera nen@ que lle guste o baloncesto, pertenza xa o club ou non.

Para que os pais e nais coñezan os proxectos do club e cómo vai funcionar, convocan unha xuntanza informativa no Cuartel Vello, o martes, 30 de agosto, a partir das 20:30 h.