Deportes

- Competicións Deportivas Guadalupe 2012 - concelloderianxo

Actualidade

Competicións Deportivas Guadalupe 2012

O Servizo de Deportes organiza as XXII Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 3 ó 7 de setembro, na semana previa ao incio das festas.

Esta actividade pretende ser un prólogo deportivo e recreativo á festa, predominando o compoñente lúdico das competicións e nas que poden participar persoas de todas as idades.

Modalidades Deportivas

  • Fútbol Sala
  • Badminton
  • Tenis
  • Voleibol 3x3
  • Tenis de Mesa
  • Petanca
  • Chave
  • Fútbol 3x3
  • Baloncesto 3x3

Categorías

  • FÚTBOL SALA: xuvenís (93, 94 e 95), cadetes (96 e 97), infantís (98 e 99) e benxamíns (02 e 03)
  • OUTROS DEPORTES: Maiores (1997 e anteriores) e Menores (1998 e posteriores).

Información e inscricións

Ata o 31 de agosto no pavillón polideportivo ou no Servizo de Deportes.