Deportes

- Xuntanza Informativa creación do Club Baloncesto Rianxo - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Xuntanza Informativa creación do Club Baloncesto Rianxo

Un grupo de persoas está a traballar na creación do Club Baloncesto Rianxo, co obxecto de implantar esta modalidade no noso concello.

Os primeiros obxectivos son ampliar a Escola Deportiva de Baloncesto a dúas sesións semanais e formar dous equipos para participar no PLAN XOGADE 2015/16 (alevíns e benxamíns).

A iniciativa contará co apoio do Concello de Rianxo a través do seu Servizo de Deportes.

Co obxecto de explicar o proxecto, CONVÓCASE aos interesados/as a unha reunión informativa no Auditorio Municipal o mércores, 28 de outubro, ás 19:30 h.

Na reunión estarán os representantes do  Club Baloncesto Rianxo e do Concello de Rianxo.

Para ampliar información poden contactar co Servizo de Deportes no 981 86 63 81 ou no Cuartel Vello.