Deportes

- Curso de Marcha Nórdica en marzo - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Curso de Marcha Nórdica en marzo

DEBIDO Á DEMANDA DE PRAZAS, HABILITASE UNHA NOVA EDICIÓN DO CURSO EN HORARIO DE TARDE (16:30 H.),
NAS MESMAS DATAS.

O Servizo de Deportes organiza un Curso de iniciación á Marcha Nórdica que se celebrará os vindeiros 5, 12 e 19 de marzo. Haberá dúas edicións do curso, unha en horario de mañá, a partir das 11 h., e outra en horario de tarde, a partir das 16:30 h.

O programa do curso é o seguinte:

    - Sábado, 5 de marzo: Curso de iniciación de 2 horas.
    - Sábado, 12 de marzo: Curso de iniciación sobre ruta 1h 30 min.
    - Sábado, 19 de marzo: Ruta.

Este curso vai dirixido a persoas maiores de 16 anos xa que é apto para calquera tipo de condición física sen discriminar por idade.

Para garantir o correcto desenvolvemento do curso requírese un mínimo de 5 participantes e un máximo de 15.

O prezo do curso será de 10 € por persoa e incluirá a formación, actividades e os bastóns.

A marcha nórdica consiste en camiñar cuns bastóns especialmente deseñados para elo, coordinando os movementos das extremidades por medio da execución dunha técnica determinada, que da como resultado un movemento fluído e agradable que exercita a meirande parte da musculatura corporal, cun maior gasto enerxético que a marcha convencional e con menor sensación de esforzo respecto doutras actividades de similar consumo calórico.

Información e inscricións no Servizo de Deportes (981 86 63 81 - deportes@concelloderianxo.gal) e nos pavillóns municipais.