Deportes

- DESligaTE, xornal deportivo en contra das violencias machistas - Concello de Rianxo

Actualidade

DESligaTE, xornal deportivo en contra das violencias machistas

Partillamos este interesante proxecto da Universidade da Coruña que olla o deporte cunha mirada moi necesaria no camiño de acadar a igualdade plena, neste e noutros ámbitos, e que conta con participación rianxeira.

Manuela Vázquez Coto (Rianxo, 1980), licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e profesora de Educación Física, aborda no seu artigo Fútbol, no centro do patio? a necesidade da creación de espazos de xogo nos patios escolares que cubran as necesidades e os intereses tanto de nenos coma de nenas.

Na revista atopamos tamén unha entrevista a Carme Veiga (Rianxo, 1997) formada no Club de Remo Rianxo e na actualidade patroa do Club Remo Ares, na que fala da súa experiencia no mundo do remo.

Tamén se recollen fotografías da bancada feminina da traiñeira do Club Remo Rianxo e do CD Unión Feminino de fútbol do CD Unión de Asados.

Para ver a revista pincha no seguinte enlace: https://www.udc.es/oficinaigualdade/desligate/ ​​​​​​​

.