Deportes

- II Travesía a Nado "Vila de Rianxo" - concelloderianxo

Actualidade

II Travesía a Nado "Vila de Rianxo"

O vindeiro domingo, 10 de xuño, celebrarase a segunda edición da Travesía a Nado "Vila de Rianxo". A proba terá lugar a partires das 12 h. na Praia de Tanxil e competirase nas seguintes distancias: 900 m., 1.500 m. e 2.000 m., segundo a categoría.

A travesía está organizada por Serviocio, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo e conta coa colaboración do Concello de Rianxo, do Club Náutico de Rianxo, Restaurante Roxerius, Disteva e Turnauga.

O teléfono de inscrición e información é o da Piscina Municipal, o 981 86 00 86.