Deportes

- III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo

O vindeiro luns celebrarase a 3ª edición da Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, que este ano acada o record de participación con 1052 deportista, repartidos en 577 en menores e 475 na absoluta. Esperase que sexa unha grande festa do deporte, destacando a gran aceptación entre os nenos/as, que case chegan a 600.

O pistoletazo de saída daráo o triatleta Uxío Abuín, recente campión do Circuíto Europeo de Triatlón  e o presentador da proba será o xornalista Terio Carrera.

As probas empezarán ás 10:45 h. cos mais pequenos, xoubas e sardiñas, e ata as 12 irán desenvolvéndose as probas de menores. A esa hora dará comenzo a carreira da categoría absoluta.

Recoméndase aos participantes que veñan coa antelación suficiente para recoller os dorsais e os chips. Para evitar colas e aglomeracións, a carpa de entrega de materiais estará aberta desde as 9 h.

En canto aos deportistas mais destacados, na categoría masculina participarán os campións das dúas edicións anteriores: Robertas Geralavicius, gañador en 2013, e Akka Essaadaoui, primeiro no 2014. En canto ás féminas, no 2013 a gañadora foi Águeda Blanco Pérez mentres que no 2014 o título acadouno Raquel Suárez Pedrosa. Este ano participará tamén Maria Jesús Gestido Rodriguez, dúas veces campiona de España de maratón, participante coa selección española nos campionatos de Europa ( Hungria).