Deportes

- III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo

ULTIMA INFORMACIÓN

 

O vindeiro luns celebrarase a 3ª edición da Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, que este ano acada o record de participación con 1052 deportista, repartidos en 577 en menores e 475 na absoluta. Esperase que sexa unha grande festa do deporte, destacando a gran aceptación entre os nenos/as, que case chegan a 600.

O pistoletazo de saída daráo o triatleta Uxío Abuín, recente campión do Circuíto Europeo de Triatlón  e o presentador da proba será o xornalista Terio Carrera.

As probas empezarán ás 10:45 h. cos mais pequenos, xoubas e sardiñas, e ata as 12 irán desenvolvéndose as probas de menores. A esa hora dará comenzo a carreira da categoría absoluta.

Recoméndase aos participantes que veñan coa antelación suficiente para recoller os dorsais e os chips. Para evitar colas e aglomeracións, a carpa de entrega de materiais estará aberta desde as 9 h.

En canto aos deportistas mais destacados, na categoría masculina participarán os campións das dúas edicións anteriores: Robertas Geralavicius, gañador en 2013, e Akka Essaadaoui, primeiro no 2014. En canto ás féminas, no 2013 a gañadora foi Águeda Blanco Pérez mentres que no 2014 o título acadouno Raquel Suárez Pedrosa. Este ano participará tamén Maria Jesús Gestido Rodriguez, dúas veces campiona de España de maratón, participante coa selección española nos campionatos de Europa ( Hungria).

INFORMACIÓN XERAL

O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo, o luns 2 de novembro de 2015. A proba conta con patrocinio de Cafetería Toffe e está incluída no III Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Regulamento da proba

Plano do percorrido

Información e Inscricións

No Servizo de Deportes, nos pavillóns polideportivos municipais e en emesports.es.

Prazo:
Ata o xoves 29 de outubro de 2015 ás 24:00 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.

Onde:
emesports.es

Prezo:

  • Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.

  • 6 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns.

Categorías

  • Xoubas 2010-2011-2012 . 3 saídas, agrupados por ano de nacemento.

  • Sardiñas 2008-2009.

  • Benxamín 2006-2007.

  • Alevín 2004-2005.

  • Infantil 2002-2003.

  • Cadete 2000-2001.

  • Xuvenil 1998-1999.

  • Júnior 1996-1997.

  • Promesa 1993-1994-1995.

  • Sénior 1981-1992.

  • Veteranos A 1968-1980.

  • Veteranos B 1955-1967.

  • Veteranos C 1954 e anteriores.

Lugar de saída e percorrido

Saída e chegada
Praza Castelao

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.

  1. Percorrido amarelo: 100 m.

  2. Percorrido verde: 500 m.

  3. Percorrido azul: 750 m.

  4. Percorrido vermello: 3.333 m.

Distancias e horarios

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m.

10:45 h.

Amarelo – 100 m.

1

Sardiñas

500 m.

11:00 h.

Verde – 500 m.

1

Benxamín

1.000 m.

11:10 h.

Verde – 500 m.

2

Alevín

1.500 m.

11:25 h.

Azul - 750 m.

2

Infantil:

2.250 m.

11:40 h.

Azul – 750 m.

3

Cadete:

6.600 m.

12 h..

Vermello

2

Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos

10.000 m.

12 h.

Vermello

3

Retirada de dorsais e chips.

Na Praza de Castelao o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma.

Control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal. Deberá colocarse na zapatilla antes da saída.

Premios

Medallas

Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Trofeos

Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.

Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.

Premios

Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €, 2º-100 € e 3º- 50 €.

Agasallos

Os participantes nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos recibirán un agasallo técnico.