Deportes

- IX DÍA DO DEPORTE - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

IX DÍA DO DEPORTE

Este sábado, 7 de marzo, celebrarase a novena edición do DÍA DO DEPORTE, no que o Concello de Rianxo vai recoñecer o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte durante 2013 e 2014.

14 clubs deportivos, 10 deportistas e 13 patrocinadores serán os principais protagonistas deste na gala que se celebrará no Auditorio Municipal a partir das 21 h. Ademais, farase entrega do Premio ó Mérito Deportivo 2015, que recoñece a unha persoa cunha traxectoria de especial entrega e adicación na promoción do deporte e dos valores deportivos en Rianxo.