Deportes

Organizada pola P.C. Castro Barbudo e o Concello de Rianxo. - IX Marcha BTT e V Andaina "Concello de Rianxo" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

IX Marcha BTT e V Andaina "Concello de Rianxo"

Organizada pola P.C. Castro Barbudo e o Concello de Rianxo.

Detectado erro nos tracks colgados inicialmente, publícanse con data 24 de xaneiro os correctos.

O domingo 13 de febreiro vaise celebrar a IX Marcha BTT "Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo servizo de deportes do Concello de Rianxo.  

Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media - 50 km) e (longa - 72 km).

De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase a V Andaina "Concello de Rianxo", de 19 km.

Información básica

  • Domingo, 13 de febreiro de 2022
  • Hora: 9 a 15 h.
  • Saída e chegada: porto de Rianxo
  • Modalidade: evento deportivo non federado
  • Categoría: maiores 18 anos (14 a 17 anos con autorización)
  • Programa:
    • 8:00 h.    Recollida de dorsais
    • 9:00 h.    Saída das marchas do Porto de Rianxo
    • 11:00 h.  1º Corte – Ruta CURTA 32 km.
    • 11:45 h.  2º Corte – Ruta MEDIA 50 km.
    • 15:00 h.  Hora estimada da chegada dos últimos participantes.

Instrucións para inscrición e prazos

  1. Formalizar a inscrición a través de emesports.es e realizar o pagamento:
  2. Cota:
    • 10 € ata o 29 de xaneiro.
    • 15 € a partir do 30 de xaneiro e ata peche de inscricións.
  3. Peche de inscricións: mércores 9 de febreiro ás 22 h.

Documentación a entregar o día da proba

Oficina organización aberta a partir das 8 h. na lonxa vella (porto de Rianxo) para retirada de dorsais e entrega de documentación:​​​​​​​

  1. Declaración responsable.
  2. Certificado de vacinación con pauta completa ou, no caso de non estar vacinado, test antíxenos/pcr negativo que deberán realizar entre as 72 e 24 horas previas a celebración do evento.
  3. Autorización, no caso dos menores de idade.

É obrigatorio realizar o autotest antes de acudir ao lugar de celebración da proba e seguir as instrucións en caso de resposta POSITIVA.

Descargas

Para ampliar información:

Actualizaremos a información nos FBs da P.C. Castro Barbudo e do Servizo de Deportes:

Tamén podes consultarnos por correo ou teléfono: