Deportes

- IX Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

IX Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo

O Pavillón de Rianxo acollerá o 26 de agosto o IX Trofeo Internacional Concello de Rianxo, valedeiro para o XII Circuíto Galego de Promoción e para o Circuíto. O torneo está organizado polo Club Xadrez Rianxo, conta co patrocinio do Concello de Rianxo, ademais da colaboración da Federación Galega de Xadrez, CongalsaConservera de Rianxo, S.A., Construcciones J. Rey e  Hotel Restaurante Escala.

O Torneo, dirixido a participantes de todas as idades, acolle tres competicións: a absoluta, na que está previsto que participen algúns grandes mestres internacionais, a de promoción, para categorías sub-8, sub-10, sub-12 e sub-14 e a afeccionada, aberta a calquera xogador non federado.

A inscrición terá un coste de 6 €, agás para os xogadores titulados, os menores de 14 anos que non xoguen na absoluta e os socios do Club Xadrez Rianxo. Poderá formalizarse en escolaxadrezrianxo@gmail.com ou en Xadrez Rianxo, sendo o prazo límite o vindeiro xoves, 24 de agosto.

O Club Xadrez Rianxo segue  apostando forte pola organización de actividades de promoción e competición do xadrez, tendo xa unha considerable experiencia neste tipo de eventos.

As partidas darán comezo ás 11 da mañá e desenvolveranse durante toda a xornada do sábado, estando previsto a clausura e entrega de premios para as 19:45 h.