Deportes

- La Vuelta '12 en Rianxo - concelloderianxo

Actualidade

La Vuelta '12 en Rianxo

A 67 edición da Volta Ciclista a España, La Vuelta '12, percorrerá as estradas do concello de Rianxo durante a súa décimo segunda etapa, que discurrirá este xoves, 30 de agosto, entre Vilagarcía de Arousa e o Mirador do Ézaro en Dumbría.

A carreira entrará por Rianxo polo alto da Paradegüa (Burés) e percorrerá a C-550 ao seu paso polas parroquias de Asados, Araño e Taragoña, saíndo cara a Boiro pola Burata (Taragoña).

Estímase que entre en Burés ás 14:25 h. e pase por Campo de Pasos (Taragoña) ás 14:30 h. Estes horarios poden adiantarse ou retrasarse en 10 minutos segundo o ritmo do pelotón.

Para a información dos afeccionados que queiran presenciar o paso da carreira, infórmase que a estrada se pechará ao tráfico aproximadamente unha hora antes do paso dos ciclistas, polo que se recomenda acudir á mesma coa antelación suficiente.

Pódese ampliar a información sobre a etapa (percorrido, mapa, horas de paso...) na seguinte ligazón.

La Vuelta '12 - Etapa 12