Deportes

- Lidia Parada: Camiño aos Xogos Olímpicos Río 2016 - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Lidia Parada: Camiño aos Xogos Olímpicos Río 2016

O sábado, 9 de abril, a partir das 20 h. no Auditorio Municipal, haberá unha charla-coloquio a cargo de Lidia Parada, deportista pobrense do Club Atletismo Barbanza cun grandioso currículo deportivo que está preparando a súa posible participación nos Xogos Olímpicos de Río 2016. Estará acompañada do seu adestrador, Lardo Moure, e entre os dous debullarán diversos aspectos técnicos da preparación deportiva, da compaxinación dos adestramentos e competicións do atleta de elite (e de calquera deportista) coa súa vida persoal, laboral, educativa... e da súa formación simultánea como persoa e deportista.

A charla vai dirixida a todos os nen@s afeccionados ao deporte, a tod@s aqueles que forman parte das categorías de base dos nosos clubs, aos pais e nais, a directivos  e a os seus adestradores. Ofreceráselles unha ampla visión sobre a xestión da formación e adestramento deportivos, de organización do tempo, da importancia da actividade física...

Ao remate da charla abrirse unha quenda de intervencións para trasladarlle preguntas a Lida Parada e a Lardo Moure. Velaquí un extracto do seu currículo.

Lidia Parada:

  • Mellor atleta española Sub 23 2015
  • Atleta Internacional coa Seleccioń Española Absoluta
  • Campioa de España Absoluta, Sub 23, Júnior e Xuvenil
  • Plusmarquista española e galega Sub 23
  • Mellor marca española nun mundial junior

Lardo Moure:

  • Técnico da Selección Nacional de Atletismo
  • Adestrador revelación 2012