Deportes

- Medidas de prevención do Programa Galego de Tuberculose - concelloderianxo

Actualidade

Medidas de prevención do Programa Galego de Tuberculose

O Concello de Rianxo informa de que se diagnosticou un caso de tuberculose no entorno das actividades deportivas organizadas polo Servizo Municipal de Deportes.

Cando se diagnostica un caso de tuberculose está indicado como medida preventiva o estudio do seus contactos, tal e como establece o Programa Galego de Tuberculose.

O estudo consiste na realización do test tuberculínico. Dito test realizarase no Auditorio Municipal de Rianxo por persoal da Unidade de Tuberculose do Servizo de Medicina Preventiva do CHUS de Santiago de Compostela.

Están incluídos nas devanditas medidas de prevencións os usuarios/as das actividades deportivas municipais. A organización dos grupos corre a cargo do Servizo de Deportes e queda como segue (os nenos/as deberán levar o documento de autorización debidamente cumprimentada):

Documento de autorización de realización da proba a menores de idade

 

Martes, 29 de maio – Auditorio Municipal

9 a 12 h.

  • Grupos de actividades de ASADOS: Base/predeporte, multideporte, Tenis, Patinaxe e Multifitness.

Mércores, 30 de maio – Auditorio Municipal

Pendente de confirmar horario

  • Grupos de actividades de TARAGOÑA
    (agás ximnasia 3ª Idade)

  • Grupos de actividades de RIANXO
    (agás ximnasia 3ª Idade)

Luns, 4 de xuño – Auditorio Municipal

Pendente de confirmar horario

  • Todos os grupos de Ximnasia de 3ª Idade: Rianxo, Taragoña, Asados, Araño, Leiro e Isorna.

 

Se desexan ampliar información poden dirixirse ao Servizo Municipal de Deportes (981 86 63 81 – 661 24 71 36)

Nos pavillóns polideportivos están a disposición dos usuarios a nota informativa, os horarios das probas e o documento de autorización.

Comunicación informativa do Programa Galego de Tuberculose