Deportes

- Nova data para a andaina nocturna aprazada do venres 18 - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Nova data para a andaina nocturna aprazada do venres 18

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro xoves 24 de xullo a andaina que se aprazou o pasado venres.

Andaina circular que discorre polo término municipal de Rianxo. Percorre as parroquias de Rianxo, Taragoña e Asados.

Actividade dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto).

A andaina partirá da praza Castelao as 22:45 h. para completar un percorrido circular de aproximadamente 15 km. de nivel medio/baixo.

A inscrición será gratuíta e poderá formalizarse nos pavillóns polideportivos e no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.es).

Mais información e inscricións no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo (981.86.63.81).