Deportes

- Presentación da II Carreira Popular "Toffe - Concello de Rianxo" - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Presentación da II Carreira Popular "Toffe - Concello de Rianxo"

O xoves, 9 de outubro, presentouse no Salón de Plenos da Casa do Concello a segunda edición da Carreira Popular "Toffe - Concello de Rianxo", coa participación de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deporte e Saúde, Carlos Gey Hermo, 1º Tenente de Alcalde, José Luís Lorenzo, Presidente do Club Atletismo Rianxo e David Alcalde , Xerente da Cafetería Toffe.

Na súa intervención,  Adolfo Muiños salientou que despois do bo sabor de boca que deixou a primeira edición celebrada o ano pasado e que recuperaba a Carreira Popular  que tradicionalmente se celebraba o sábado de Guadalupe era obrigado facer o esforzo de manter esta proba deportiva.
Incideu no éxito de participación do ano pasado, que acadou os 600 participantes (300 na absoluta e 300 nas menores), no fermoso do percorrido polas rúas rianxeiras e a súa fachada marítima e na boa organización que refrendaron tanto o público rianxeiro coma os participantes.
Para rematar agradeceu a iniciativa e colaboración do Club Atletismo Rianxo na recuperación e organización da proba, así como a de Cafetería Toffe no patrocinio da mesma, xa que sen toda a súa  axuda, e doutros colaboradores, non sería posible a celebración deste evento deportivo.

Joaquín Domínguez  entende que a Carreira Popular  contribuirá de xeito activo ao desenvolvemento, non só deportivo, se non tamén social, turístico e económico de Rianxo, xa que estas probas mobilizan a moreas de afeccionados ao deporte.
En canto á participación, este ano ampliouse ata os 500 participantes na proba absoluta ao que haberá que sumar os das categorías menores, co que poderemos achegarnos ata os 1.000 deportistas.
Desexa que a Carreira popular sexa unha festa deportiva de carácter familiar para todos os rianxeiros e que esta sexa a edición da consolidación e se convirta nunha cita estable do calendario deportivo rianxeiro, comarcal e galego.

Carlos Gey fixo referencia á organización e aínda que recoñeceu que os participantes da primeira edición quedaran satisfeitos, desde o Concello son conscientes de que sempre hai aspectos que mellorar e por iso estamos tratando de introducir melloras que melloren a calidade e a experiencia dos participantes e espectadores.

José Luís Lorenzo fixo mención a aspectos do circuíto, resaltando que é completamente chan e moi atractivo tamén para o público porque ao tratarse de tres voltas para completar os 10.000 m., poden disfrutar varias veces do paso dos corredores.

David Alcalde mostrou a súa satisfacción por poder contribuír, xunto co Concello eo Club de Atletismo á recuperación e consolidación desta proba.

A Carreira Popular “Toffe – Concello de Rianxo”:

Ver regulamento para información completa.

Data: 1 de novembro de 2014
Horario: Carreiras menores ás 11 h. e carreira absoluta ás 12 h.
Organiza: Concello de Rianxo en colaboración do Club Atletismo Rianxo.
Patrocina: Cafetería Toffe

Información e Inscricións:

Ata o 29 de outubro ás 23:49 h. a través de www.emesports.es (todas as categorías).
As categorías menores tamén se poden inscribir no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.
Na páxina web do concello tamén haberá unha ligazón para poder formalizar a inscrición.

Categorías menores: de balde.
Categoría Absoluta: 6 €.
Establecese un límite de 500 participantes na Categoría Absoluta (o ano pasado foi de 300)

Categorías e distancias

  • Menores

    Xoubas          2009-2010-2011 (saída por ano de nacemento). (100 m.)
    Sardiñas        2007-2008 (500 m.)
    Benxamín      2005-2006 (750 m.)
    Alevín           2003-2004 (1.500 m.)
    Infantil          2001-2002 (1.500 m.)
    Cadete          1999-2000 (6.666 m.)

  • Absoluta (10.000 m.)

    Xuvenil          1997-1998
    Júnior            1995-1996.
    Promesa        1992-1993-1994.
    Sénior            1980-1991.
    Veteranos A        1967-1979.
    Veteranos B        1954-1966.
    Veteranos C        1953 e anteriores.