Deportes

- Presentación da III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Presentación da III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo

Presentouse no Salón de Plenos do Concello a III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, organizada polo Concello de Rianxo e Club Atletismo Rianxo e que pertence ao III Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde Rianxo, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico,  David Alcalde, Xerente de Cafetería Toffe e José Luís Lorenzo, Presidente do Club Atletismo Rianxo.

Adolfo Muíños fixo fincapé que a carreira, a pesar de só levar dúas edicións, “prendeu con rapidez nos rianxeiros, que viven a carreira coma unha grande xornada deportiva e festiva”. Resaltou tamén que “A edición anterior foi un éxito de organización e participación, xa que contou con preto de 1.000 deportistas, o que nos fai sentir orgullosos e reafirma no convencemento de que este evento contribúe de xeito activo ao desenvolvemento, non só deportivo, se non tamén social, turístico e económico de Rianxo”.

Rematou agradecendo un ano mais o esforzo do patrocinador, Cafetería Toffe, e do resto de colaboradores, así como do Club Atletismo Rianxo, que co seu traballo e capital humano fan posible esta carreira.

José Luís Lorenzo debullou as características do regulamento e do circuíto, que cualificou “cómodo e sen dificultades para o corredor novel ao tempo que rápido para os mais experimentados”.

David Alcalde agradeceu ao Concello e ao Club Atletismo que fagan posible este evento xa que “non só é positivo para o desenvolvemento deportivo se non taḿen para o turístico de Rianxo”.

Por último, Xusto Ordóñez, resaltou que "este ano a proba está integrada no III Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e no calendario da Federación Galega de Atletismo."