Deportes

- Presentación do DEPOR CAMPUS RIANXO 2017 - concelloderianxo

Actualidade

Presentación do DEPOR CAMPUS RIANXO 2017

No Salón de Plenos presentouse a edición 2017 do DEPOR CAMPUS RIANXO, que se desenvolverá no Campo de Fútbol Municipal de Vilas (Asados) do 17 ao 21 de xullo. Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Samir Sami Mátar, presidente do C.D. Unión, e José Barcala, responsable de Metodoloxía do RCD Deportivo da Coruña, debullaron a información principal sobre o Campus.

Adolfo Muíños lembrou o éxito das dúas primeiras edicións, o que sen dúbida fai que O RCD Deportivo confíe no C.D. Unión e en Rianxo para organizar unha nova edición desta actividade. Felicitou ao presidente do CD Unión por apostar polas actividades de formación deportiva.

José Barcala agradeceu a implicación tanto do Concello coma do C.D. Unión para que o DEPOR CAMPUS teña unha sede en Rianxo e explicou os seus detalles metodolóxicos e organizativos, facendo fincapé no fomento de valores coma o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo e a solidariedade e compañerismo a través do deporte.

Para pechar o acto, Samir Sami Mátar, tamén agradeceu a colaboración do Concello e do Deportivo e contou que a entidade que preside está moi satisfeita por traer por terceiro ano consecutivo este campus a Rianxo.