Deportes

- Regata de Piragüismo Banco Sabadell Gallego - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Regata de Piragüismo Banco Sabadell Gallego

O Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación da Regata de Piragüismo Banco Sabadell Gallego, organizada polo Club Piragüismo Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e o patrocinio do Banco Sabadell Gallego.

A presentación correu a cargo de David Alcalde, Vicepresidente do Club Piragüismo Rianxo, Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico do Concello de Rianxo, Diego Macía Davila, do Banco Sabadell Gallego, do Banco Sabadell Gallego e Adrian Vázquez, Tesoureiro do Club Piragüismo Rianxo.

A regata celebrarase este sábado, 24 de outubro, en Rianxo. Pola mañá disputaranse as probas das categorías de base (ata cadete) e pola tarde haberá competición de kayak de mar para as categorías xuvenil e posteriores.

David Alcalde explicou que a proba ten un dobre obxectivo: un primeiro deportivo, programando un evento nunha fase do calendario no que escasean as regatas e, e un segundo de carácter turístico, xa que haberá
actividades paralelas para que a xente se quede Rianxo durante toda a xornada (música con Dj, inchables, pulpería...).

Adolfo Muíños e Xusto Ordóñez recoñeceron o esforzo da entidade organizadora ao longo de todos estes anos de implicación na promoción e fomento do piragüismo, do que esta proba é un exemplo claro. Tamén agradeceu ao Banco Sabadell Gallego o respaldo e patrocinio a este e outros eventos celebrados en Rianxo.

Por último, Diego Macía explicou que a entidade Banco Sabadell Gallego ten convenios de colaboración para o desenvolvemento de actividades de todo tipo na nosa comarca e espera que haxa mais oportunidades de traballar xuntos.