Deportes

- Rianxo, capital galega do xadrez. - concelloderianxo

Actualidade

Rianxo, capital galega do xadrez.

Rianxo será durante esta fin de semana a capital galega do xadrez ó acoller dúas importantes probas do calendario axedrecístico galego. O sábado, 1 de setembro, celebrarase o IV Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo e o domingo, día 2, será o II Campionato Galego de Xadrez Activo.

A presentación tivo lugar o pasado venres, 24 de agosto, a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, Daniel Martínez, Presidente do Club Xadrez Rianxo e Manuel Castaño, Xerente de DISTRIBUNOSA.

Destacouse o grande traballo que está a facer o Club Xadrez Rianxo en prol do desenvolvemento do xadrez e do deporte rianxeiro, ao tempo que se alabou a súa capacidade organizativa, como o demostra o feito de que Rianxo fora designada, por segundo ano consecutivo, sede do Campionato Galego de Xadrez Activo e tamén a repercusión e prestixio que acadou o Trofeo DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo en tan so 3 edicións.

Recoñeceuse e agradeceuse a importancia do esforzo de patrocinio e colaboración que fai a empresa DISTRIBUNOSA,  apoio imprescindible para a organización destas probas.

IV TROFEO INTERNACIONAL DISTRIBUNOSA – CONCELLO DE RIANXO.
Rianxo, 1 de setembro de 2012

  • Organiza: Club Xadrez Rianxo e Federación Galega de Xadrez
  • Patrocina:  DISTRIBUNOSA
  • Colabora: Conservera de Rianxo, S.A., Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña, Deporte Galego, Concello de Rianxo.
  • Local de xogo: Pavillón municipal de Rianxo
  • Horarios: De 10 a 18:30 h. aprox.. Entrega de trofeos ás 19:30 h.
  • Inscrición: 5 € antes da primeira rolda no local de xogo
    - Deberá facerse en escolaxadrezrianxo@gmail.com, indicando o nome, apelidos, data de nacemento, club e elo fide (da última lista publicada pola FIDE antes do inicio do torneo).
    - O prazo límite para inscribirse será o xoves 30 de setembro ás 12:00 h.
    - Os xogadores do Club Xadrez Rianxo e menores de 16 anos están exentos da cota.
  • Trofeos: Trofeos e agasallos para os do Circuíto de Promoción e 2.000 € en premios e trofeos para a categoría absoluta.
  • Categorías: Prebenxamín, benxamín, alevín,infantil, absoluta.

II CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ ACTIVO.
Rianxo, 2 de setembro de 2012

  • Organiza: Club Xadrez Rianxo e Federación Galega de Xadrez
  • Colaboran: DISTRIBUNOSA, Concello de Rianxo, Xunta de Galicia,  Deporte Galego.
  • Local de xogo: Pavillón municipal de Rianxo
  • Horarios: De 10 a 18:30 h. aprox.. Entrega de trofeos ás 19:30 h.
  • Inscrición: Deberá facerse en escolaxadrezrianxo@gmail.com, indicando o nome, apelidos, data de nacemento, club e elo fide (da última lista publicada pola FIDE antes do inicio do torneo).
    O prazo límite para inscribirse será o xoves 30 de setembro ás 12 h.
  • Categorías: Única