Deportes

- Seminario Galego Deporte Base "Concello de Rianxo" - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Seminario Galego Deporte Base "Concello de Rianxo"

A través do Programa de Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, o colectivo "Clube de Formación Cultural e Deporte de Rianxo" organiza para o 12 de outubro de 2016 o Seminario Galego de Deporte Base "Concello de Rianxo".

A inscrición e gratuíta e pódese formalizar a través da páxina do Seminario Galego de Deporte Base.

O obxectivo deste Seminario é ofrecer unha nova visión ó adestramento en categorías base dirixido a todo profesional do deporte, deportistas, pais de deportistas e público en xeral. Para levar a cabo as diferentes charlas dos respectivos campos (Adestramento deportivo, Psicoloxía, Nutrición, Primeiros Auxilios e Pedagoxía no deporte base) contaremos con diversos docentes e investigadores das Universidades de Vigo e da Coruña: Víctor Arufe Giráldez, José Luís García Soidán, Óscar García García, Roberto Barcala Furelos e Manuel Isorna Folgar.

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Deportes, colabora coa organización.

Tríptico informativo